Saltar ao contido

Como organizar unha actuación da banda: convocatoria, transporte e colocación

· Guías

Unha actuación xógase moito antes da primeira nota: en saber quen vai, en que ninguén quede en terra e en que cada músico saiba onde se pon. Estes son os pasos, na orde na que convén dalos.

O problema

Organizar unha saída adoita ser unha cadea de mensaxes. Anúnciase no grupo, a metade contesta, a outra metade non, e a véspera alguén fai a conta a man para saber se hai trompetas abondo. Despois vén o autobús: quen sobe, en que parada, se caben todos. E no sitio, a formación ármase de pé e a berros, cos ocos dos que dixeron que viñan e non viñeron.

Cada un deses pasos depende do anterior. Se non sabes quen vai, non podes contratar o autobús nin colocar a banda, e todo se decide tarde.

Como se resolve en xeral

1. Convoca con todo o que hai que saber. Data, hora de citación e hora de comezo por separado (non é o mesmo cando hai que estar que cando se empeza a tocar), o lugar exacto, o uniforme e quen está convocado: toda a banda ou só unha parte.

2. Pide resposta, con prazo. Unha pregunta sinxela, «vou» ou «non vou», cun día límite para contestar e o motivo se non vai. Sen prazo, a resposta chega cando xa non serve.

3. Conta por cordas, non en total. Corenta músicos non serven de nada se faltan as tubas. Fixa un mínimo por corda e míralo días antes, a tempo de chamar a quen non contestou ou de buscar reforzos.

4. Organiza o transporte cos que van. Paradas coa súa hora, prazas por autobús, un prazo para apuntarse e unha lista de espera se se enche. Quen vai pola súa conta dio, para non gardarlle un asento.

5. Coloca cos que veñen. O plano da formación faise cos confirmados, por cordas e na orde da banda, e cada músico coñéceo antes de chegar. Se alguén cae á última hora, recolócase sen deixar ocos.

6. Avisa dos cambios cunha frase clara. Se cambia a citación ou o lugar, un aviso curto aos convocados vale máis ca unha mensaxe longa no grupo que ninguén le enteira.

Como o resolve Melodistic

En Melodistic, cada paso é un módulo do plan gratuíto, e todos len a mesma convocatoria. En Calendario creas a actuación coa súa hora de citación á parte da de comezo, o lugar marcado no mapa e a convocatoria a toda a banda, a uns grupos ou a quen escollas. Se despois cambias a data, a hora, a citación ou o lugar, a app pregúntache se queres avisar do cambio, e a cada convocado chégalle unha frase como «Cambia a citación: ás 19:00».

Previsión pregunta a cada convocado se vai vir, cun prazo e o motivo de cada «non vou», e dite días antes se cada corda chega ao seu mínimo cos reforzos confirmados. Aos que non contestaron mándaslles un recordatorio cun só botón.

Transporte organiza os autobuses da actuación coas súas paradas, as súas prazas, o prazo para apuntarse e a lista de espera; cada músico escolle o seu autobús e a súa parada ou di que vai pola súa conta, e quen sempre vai igual pode deixalo contestado.

E Colocación arma o plano cos que confirmaron, por cordas e na orde da túa banda, en desfile, sentados ou de pé. Retócase con dous toques, e cada músico ve no evento a súa fila, o seu posto e quen ten ao lado.

Os módulos desta guía

Calendario e eventos

Ensaios, actuacións e actividades coa súa convocatoria, a súa citación e os avisos.

Ver Calendario e eventos

Previsión

Quen vén e quen non, con prazo e co motivo de cada «non vou».

Ver Previsión

Colocación

O plano da formación por filas e cordas, e cada músico ve o seu sitio.

Ver Colocación

Comezar gratis

Gratis ata 20 músicos · 30 días de proba, sen tarxeta.

Quédache algunha dúbida?

Fálanos por WhatsApp e axudámoste co que precises.

País e idioma