Cada saída, con todo o que hai que saber
Crea un ensaio, unha actuación ou unha actividade —a asemblea, a comida de convivencia— coa súa data e a súa hora de fin. Nas actuacións, a hora de citación vai á parte da de comezo, para que ninguén confunda cando se empeza a tocar con cando hai que estar. O lugar búscase e márcase no mapa, e os sitios que xa usastes escóllense dunha lista. Convocas a toda a banda, a uns grupos ou a quen elixas, e cada músico só ve no seu calendario o que lle toca.
- Tipos de actuación propios da túa banda: de partida, Concerto, Procesión e Pasarrúas.
- Eventos de varios días, como un certame fóra, e «hora por decidir» cando aínda non se sabe.
- Duplicar un evento coa súa hora de fin, a súa convocatoria e o seu programa.



