Saltar ao contido

Socios: o libro de socios, as cotas e a remesa

· O novo na app

Chega Socios, o módulo para o libro de socios da sociedade: as cotas, a remesa para o banco e un portal para cada socio. Está en todos os plans, tamén no gratuíto, e os socios non contan para o prezo.

Onde está

Acéndese en Configuración, co seu interruptor, e en Configuración › Socios créanse os tipos de cota (numerario, xuvenil ou os que usedes), co seu importe e a súa periodicidade, e escóllense os bloques do portal do socio.

O libro e as cotas

  • Cada socio co seu número, os seus datos e o seu tipo de cota. Dánse de alta a man ou impórtanse desde unha folla de Excel ou un CSV.
  • As cotas do período xéranse dunha vez; o que se cobra en man márcase como pagado e entra en Tesouraría como ingreso.
  • O censo sae en Excel ou en CSV: todos os socios activos ou só os que están ao día.

A remesa

Cos socios domiciliados, Melodistic prepara o ficheiro da remesa SEPA coas cotas pendentes. Descárgalo e sóbelo ao teu banco: o diñeiro vai da conta do socio á da banda, sen pasar por Melodistic. Cobrada a remesa, entra en Tesouraría un só ingreso polo total, e cada recibo devolto queda como gasto á parte.

O portal do socio

Cada socio pode entrar co seu correo no seu portal: as súas cotas, o seu carné co seu código, os avisos que lle publicades, as asembleas ás que se lle convoca e, se queredes, as próximas actuacións. Os avisos tamén lle poden chegar por correo.

Quen ve que

Ver os socios e xestionalos son dous permisos distintos. O documento e a conta bancaria só os ven quen ten permiso e o propio socio, e a conta gárdase cifrada. Os socios non son membros da banda: non contan para o tramo nin para o plan gratuíto.

Comezar gratis

Gratis ata 20 músicos · 30 días de proba, sen tarxeta.

Quédache algunha dúbida?

Fálanos por WhatsApp e axudámoste co que precises.

País e idioma