Saltar ao contido

Cecilia, o chat da túa banda

· O novo na app

Desde hoxe, cada banda pode activar Cecilia, a asistente da túa banda: cada persoa pregúntalle pola axenda, a asistencia ou as obras, e pode pedirlle que prepare cousas.

Que lle podes pedir

  • Preguntas: que hai esta semana, quen vén ao ensaio, se chegades aos mínimos por corda dunha actuación, que obras hai dun autor ou como vai a asistencia.
  • Preparar cousas: crear ou mover un ensaio, engadir obras ao programa, lembrarlle a quen non contestou, propoñer un reforzo ou escribir un comunicado.
  • Responder: dicir se vas ou non a un evento, escribíndoo.

Só ve o que ves ti

O servidor aplícalle os mesmos permisos que a app. Un músico que non ve un dato na súa pantalla tampouco o consegue preguntando.

Nada cambia sen o teu botón

O que cambia datos ou avisa a outras persoas queda nunha tarxeta ata que tocas o seu botón. Antes podes corrixila pedíndollo.

Convén saber

  • Actívaa o administrador principal, ou quen poida configurar a identidade da banda, desde Configuración.
  • Gratis ata o 31 de decembro de 2026; despois, 80 € ao ano ou 8 € ao mes, IVE incluído, cun só pagamento para toda a asociación (a grande e a xuvenil). Se ninguén a paga, apágase soa e non se borra nada.
  • Os nomes dos músicos non saen tal cual de Melodistic. O que escribes, si, así que non poñas datos de saúde.
  • Os administradores non ven as túas conversas: son túas e podes borralas cando queiras. Como se tratan está nas condicións de Cecilia.
Comezar gratis

Gratis ata 20 músicos · 30 días de proba, sen tarxeta.

Quédache algunha dúbida?

Fálanos por WhatsApp e axudámoste co que precises.

País e idioma