Como vai vestido, peza a peza
Toca cada parte do uniforme e escolle o seu deseño: gorra de prato, ros ou casco con plumas; chaqueta recta, cruzada ou frac; pantalón con banda lateral, faixín, correaxe, luvas, galas, mantelín, capa. Cada peza coa súa cor, e o que non se leva queda en «Sen…». E para o que o debuxo non conta, as fotos do uniforme, cunha de portada.
- Tipos de uniforme: inverno, verán, gala, especial ou outro.
- De quen é: da banda, do músico ou mixto.
- Un predeterminado, que sae xa escollido ao programar unha actuación.



