Cada encargo, co seu responsable e a súa data
Unha tarefa leva título, notas, data e hora, prioridade e, se fai falta, o sitio. Asígnase a un ou a varios músicos, ou a un grupo enteiro dun toque, e ti decides como se dá por feita: abonda con que a complete calquera, ou cada un ten que completar a súa parte. Aos asignados chégalles o aviso ao móbil, e quen creou a tarefa decátase cando alguén a completa.
- Subtarefas para partir un encargo grande en pasos.
- Listas propias para ordenalas: Arquivo, Local, Viaxes…
- Tarefas que se repiten cada día, cada semana ou cada mes: ao completar unha, sae a seguinte.
- Vese quen completou cada unha, e fíltrase por músico.



