Quen conta como músico para o prezo?
Conta cada persoa da plantilla da túa banda: con conta na app ou sen ela, toque ou non toque, e tamén as que están en pausa ou de baixa. Se sodes xustos de cifra, revisa a plantilla antes de escoller o plan.
Págase por módulos?
Non. Todos os plans, tamén o gratuíto, traen todos os módulos: Repertorio, Interpretacións, Inventario, Tesouraría e Reforzos incluídos. O que cambia dun plan a outro é o número de músicos e, no gratuíto, os dous límites da subida asistida e do almacenamento. Despois acendes só o que vaias usar.
Mensual ou anual?
O pagamento anual sae un 17 % máis barato: pagas dez mensualidades e tes o ano enteiro. Para unha banda que cobra as cotas a principio de tempada adoita ser o natural, porque se paga unha vez e esquécese ata o ano seguinte.
Se estades comezando ou a tesouraría vai xusta, o pagamento mensual déixache axustar sobre a marcha. O que fixa o prezo é o número de músicos, non a forma de pagamento.
O IVE está incluído? Hai factura?
Si ás dúas. O prezo que ves é o que pagas, co IVE dentro. En Subscrición enches os datos de facturación da banda: razón social, número de identificación fiscal e enderezo.
Como se paga e quen pode facelo?
Con tarxeta, no portal de pagamento, desde un ordenador: a subscrición non se contrata desde a app do móbil. Alí mesmo cambias de plan ou de tarxeta, ou cancelas.
Só entra o admin principal da banda ou quen el autorice, por exemplo o tesoureiro. Se precisades pagar doutra forma, escríbenos e vémolo.
E se a banda medra e cambia de tramo?
O prezo segue o número de músicos dados de alta, así que ao superar un tramo pasas ao seguinte. Coa calculadora de arriba podes ver canto custaría o tamaño ao que esperas chegar.
Podo cancelar cando queira?
Si, sen permanencia. Cancelas desde o portal de pagamento e conservas o que xa pagaches ata o final dese período. Despois, se sodes ata 20, seguides no plan gratuíto, con todos os módulos e os seus dous límites.
Que pasa cos nosos datos se deixamos de pagar?
Non se borra nada. Se tiñades un plan pagado e sodes ata 20, pasades ao plan gratuíto: seguides con todos os módulos e o que xa está subido segue a verse e a descargarse. Ao chegar a un dos seus dous límites (10 obras ao mes de subida asistida ou 2 GB de almacenamento), avisámosvos dentro da app, coa opción de volver a un plan de pagamento.
Se sodes máis de 20 e non hai plan, a xestión bloquéase e, pasados 7 días, a conta enteira, ata que se renove. En canto pagades, todo volve estar como o deixastes.
E se somos unha banda xuvenil ou unha escola da mesma asociación?
A banda xuvenil paga a metade do prezo do seu tramo se vai coa banda grande da mesma asociación; se vai soa, paga o prezo da grande. Todo se cobra nun só pagamento ao ano, co IVE incluído.
Cecilia vai incluída no plan?
Non: vai á parte, por 80 € ao ano ou 8 € ao mes con IVE. É gratis ata o 1 de xaneiro de 2027, ou durante 30 días desde que a actives se iso chega máis tarde. Un pagamento vale para toda a asociación.