Saltar ao contido

A túa banda, en Claude e ChatGPT

Se xa usas Claude ou ChatGPT, conéctao a Melodistic e pregúntalle pola túa banda desde alí: a axenda, quen vén ou que tocades o domingo. Cada persoa conecta a súa propia conta e ve só o que lle deixan os seus permisos.

Así se conecta

  1. O administrador principal acéndeoEn Configuración, unha vez para toda a banda. Aí decide quen pode conectalo (todos, só os administradores ou as persoas que escolla) e se é só para consultar.
  2. Cada persoa conecta a súa contaEn Claude ou en ChatGPT, engade Melodistic como conector e entra co seu usuario de Melodistic. Ninguén comparte contrasinais.
  3. Pregunta desde onde xa traballaCada pregunta chega cos permisos de quen a fai, igual que na app.

O que ve cada un

Un músico ve a súa axenda, as súas convocatorias e as súas obras; un administrador, o que lle deixan os seus permisos. E hai cousas que por aquí non saen nunca, aínda que as vexas na app:

  • A saúde e os motivos dunha ausencia.
  • A tesouraría.
  • Os teléfonos, os correos e os enderezos.
  • Os nomes dos menores: contan nos totais, pero non se nomean.
Configuración › Claude e ChatGPT no móbil: o conector aceso, quen pode conectalo (todos os membros) e que pode facer cada un.

O que cambia, confírmase en Melodistic

Contestar á túa convocatoria ou dar a túa tarefa por feita faise desde a conversa. O que cambia datos da banda ou avisa a outros, como mover un ensaio ou mandar un comunicado, chégache como unha ligazón: confírmalo en Melodistic, coa túa sesión.

E se hai que cortalo

O administrador principal desconecta a todos nun momento, só nesa banda. Para volver, cada persoa conéctao outra vez.

A miña conta › Conectores no móbil: o enderezo do conector, cos pasos para engadilo en Claude e en ChatGPT.

Antes de acendelo

Co conector, o que preguntas e o que Melodistic contesta pasa pola túa conta de Claude ou de ChatGPT, cos nomes tal cual. Por iso o acende o administrador principal e por iso hai datos que nunca saen.

O que custa

Nada. O conector é gratis para todas as bandas, tamén no plan gratuíto.

Ver os plans e prezos

Conecta a túa banda

Dá de alta a túa banda, que o administrador principal acenda o conector e pregúntalle a Claude ou a ChatGPT polo próximo ensaio.

A miña conta › Conectores no móbil: o enderezo para conectar o teu asistente e os pasos para facelo.

Preguntas frecuentes

É o mesmo que Cecilia?

Non. Cecilia é a asistente de dentro de Melodistic e non precisas outra conta. O conector é para quen xa traballa con Claude ou ChatGPT e quere ter alí a súa banda.

Preciso pagar Claude ou ChatGPT?

Precisas unha conta que permita engadir conectores; iso depende do seu plan, non de Melodistic.

Funciona con outros asistentes?

Está feito co estándar aberto de conectores (MCP), así que outros que o admitan poden funcionar; os que probamos son Claude e ChatGPT.

Pode usalo calquera músico?

Si o administrador principal o acendeu e llo deixa: pode abrilo a todos, só aos administradores ou ás persoas que escolla.

Quédache algunha dúbida?

Fálanos por WhatsApp e axudámoste co que precises.

País e idioma