Saltar ao contido

Cecilia, a asistente da túa banda

Pregúntalle o que lle preguntarías a quen leva a banda: que hai esta semana, quen falta por contestar, que obras tocades o domingo. Contéstache co que ti xa podes ver en Melodistic e, se lle pides algo, déixacho preparado para que o confirmes.

A lira de Cecilia.

Pregúntalle

O que lle escribes, o que che contesta e a tarxeta que che ensina, tal como sae na app, cos datos dunha banda de exemplo.

  1. Quen falta por confirmar para o sábado?

    Cecilia: Para o concerto do sábado faltan catro por contestar. Se queres, lembróllelo eu.

    A tarxeta de Cecilia cos catro músicos que non contestaron para o concerto do sábado, cada un co seu instrumento, e o botón para lembrarllo.

    Atopa o evento polo día ou polo seu nome e dille quen non contestou, co seu instrumento. O recordatorio só sae cando ti o confirmas.

  2. Prepárame o ensaio do xoves

    Cecilia: Propóñoche estas cinco obras, na orde da curva de ensaio da banda.

    A curva do ensaio do xoves: cinco obras, das fáciles á máis difícil e unha moi fácil para rematar, cunha barra por obra segundo a súa dificultade.

    Escolle as obras que máis piden repaso e ordénaas coa curva da banda: das fáciles ás máis difíciles, e unha sinxela para rematar. Ti decides cales pasan ao programa.

  3. A que hora é a citación do domingo?

    Cecilia: Ás 16:45 na Igrexa de San Xoán. A procesión sae ás 17:30.

    A tarxeta do Domingo de Ramos: domingo 29 de marzo, ás 17:30 na Igrexa de San Xoán, coa asistencia confirmada.

    Respóndeche coa hora e o lugar do evento e ensinacho cun toque: o mesmo que ves no calendario.

  4. Chegamos aos mínimos o domingo?

    Cecilia: Case: fáltavos unha trompa e un bombo, e no bombo hai un que aínda non contestou. O demais está cuberto.

    Os mínimos do domingo por cordas: á trompa e ao bombo fáltalles un reforzo, a trompeta está cuberta cun e no clarinete vén un de máis.

    Conta corda a corda cos mínimos da banda, cos reforzos confirmados dentro, e diche onde falta xente antes de saír.

  5. Como vai a asistencia este ano?

    Cecilia: Ben: un 86 % nos ensaios dos últimos doce meses, catro puntos máis ca o ano anterior.

    As cifras dos últimos 12 meses: un 86 % de asistencia aos ensaios, catro puntos máis, e un 92 % de respostas na previsión, cada unha coa súa liña.

    Dáche as cifras de Estatísticas que ti podes ver, comparadas co ano anterior e coa liña dos últimos doce meses.

  6. Que reforzos teño libres o sábado?

    Cecilia: Para o concerto do sábado tes tres libres. Déixochos co que toca cada un.

    Os reforzos libres para o concerto do sábado: tres músicos de fóra da banda, cada un co que toca e en cantos eventos estivo.

    Mira a túa carteira de Reforzos e dióche quen está libre ese día. Propoñerlle o evento sae cando ti o confirmas.

Ve o mesmo que ti

Cecilia mira a banda cos teus ollos. Un músico ve a súa axenda, as súas obras e a súa asistencia; os administradores, o que lles deixan os seus permisos. O que non podes abrir na app, tampouco o consegues preguntando.

  • Nunca fala de saúde nin dos motivos dunha ausencia.
  • Os teléfonos e os correos non entran na conversa.
  • Só coñece a túa banda.
Configuración › Cecilia no móbil: activa e gratis ata o 1 de xaneiro de 2027, quen a usa (todos os membros), «Só consulta» e canto tempo se gardan as conversas.

Lévate á pantalla xusta

Cando o que buscas está nunha pantalla da app, Cecilia ábrechela: a ficha do evento, a colocación ou os teus axustes, sen perderte polos menús.

O chat de Cecilia no móbil, coas tres preguntas desta páxina e as súas tarxetas: quen falta, a curva do ensaio e o evento do domingo.

Nada cambia ata que ti o dis

Se lle pides mover un ensaio, engadir obras ao programa ou escribir un comunicado, Cecilia déixacho nunha tarxeta. Revísalo, pídelle cambios se fai falta e, cando tocas o botón, faise. Se non o tocas, non pasa nada.

  • Crear ou mover un ensaio.
  • Engadir obras ao programa dunha actuación.
  • Propoñer un reforzo, mandar un lembrete ou escribir un comunicado.
  • Dicir se vas ou non a un evento, escribíndoo.

As túas conversas son túas

Os administradores non as len e ti podes borralas cando queiras. Escríbelle como a alguén da banda, pero sen datos de saúde.

O que custa

Cecilia é gratis ata o 1 de xaneiro de 2027, ou durante 30 días desde que a actives se iso chega máis tarde. Despois, 80 € ao ano ou 8 € ao mes, IVE incluído. Un só pagamento vale para todas as bandas da asociación, a grande e a xuvenil.

Actívaa o administrador principal desde Configuración. Cando remata o período gratis, págase ou apágase, sen borrar nada.

E ademais, a subida asistida

Sube o PDF da obra completa e sepárase en particelas por instrumento e voz, con Cecilia. Unha persoa do noso equipo revisa o reparto antes de publicalo.

Ver Repertorio

Pregúntalle algo da túa banda

Actívaa en Configuración e faille a primeira pregunta. Ata o 1 de xaneiro de 2027, ou 30 días desde que a actives se é máis tarde, gratis.

O chat de Cecilia no móbil: os reforzos libres para o concerto do sábado, cada un co que toca.

Preguntas frecuentes

Que lle podo preguntar?

O da túa banda: a axenda, quen vén, a asistencia, as obras e o programa, os mínimos de cada corda, os reforzos, as tarefas e as cifras da tempada. Se algo non o atopa entre o que podes ver, dícheo.

Pode ver o que eu non vexo?

Non. Cecilia ten os mesmos permisos que ti na app, e a saúde, os motivos dunha ausencia, os teléfonos e os correos quedan fóra sempre.

Pode cambiar algo sen preguntarme?

Non. Todo o que cambia datos ou avisa a outras persoas queda nunha tarxeta ata que tocas o seu botón.

Os administradores ven as miñas conversas?

Non. As túas conversas son túas e podes borralas cando queiras. Como se tratan está nas condicións de Cecilia.

Canto custa?

Nada ata o 1 de xaneiro de 2027, ou durante 30 días desde que a actives se iso chega máis tarde. Despois, 80 € ao ano ou 8 € ao mes, IVE incluído, cun só pagamento para toda a asociación. Se non se paga, apágase sen borrar nada.

En que idioma me contesta?

No que teñas posto na app.

Cecilia é unha intelixencia artificial e sempre o di cando llo preguntas.

Quédache algunha dúbida?

Fálanos por WhatsApp e axudámoste co que precises.

País e idioma